PROGRAMA EDUCATIVO PARA EDUARDO CHILLIDA: PREGUNTAS

Versión en español

INFORMACIÓN E RESERVAS
Kiosco Alfonso
Xardíns de Méndez Núñez, 15003 A Coruña
Teléfono: 981 18 98 98
kioscoalfonso@coruna.es


“É bastante sinxelo, todo redúcese a preguntar” Eduardo Chillida

Desde o programa educativo que deseñamos para a exposición Preguntas, propómonos desentrañar as claves para comprender a obra de Eduardo Chillida, a través da análise dos seus procesos creativos. Desde a elección dos materiais e os vínculos que atopa coa súa terra natal, á súa metodoloxía de traballo e referentes filosóficos. Interrogantes en torno ao espazo, ao tempo ou á densidade da materia.

Co propósito de plasmar conceptualmente esta idea de interrogarse sobre cuestións fundamentais, Chillida alude á figura xeométrica da espiral. Tanto o seu pensamento como a súa actitude durante o proceso creativo teñen que ver coa imaxe da espiral cuxa traxectoria, onde se alternan o cheo e o baleiro, xira sempre ao redor dun eixo central que simboliza o epicentro onde reside o impulso orixinal da súa obra.

“Desde o espazo co seu irmán o tempo, baixo a gravidade insistente, sentindo a materia como un espazo máis lento, pregúntome con abraio sobre o que non sei” Eduardo Chillida

Por outra banda analizaremos a potencia simbólica e a capacidade de comunicación de todas as obras de Chillida. Por riba da técnica e o material utilizado, chegaron a ter unha densidade filosófica e unha expresividade inconfundible.

A variedade e riqueza da súa produción, a procura constante de novas formas e materiais, a pervivencia das súas raíces e a súa vocación cosmopolita, fan del unha fonte de inspiración especialmente interesante.

Para iso preparamos un servizo de visitas guiadas á exposición e obradoiros didácticos, tanto para escolares como para familias e adultos. Para información e reservas podes chamar por teléfono, correo electrónico ou acudindo á sala de exposicións Kiosco Alfonso.


SERVIZO DE VISITAS GUIADAS

  • Visitas guiadas para grupos de escolares. Previa reserva. De luns a venres. Horarios dispoñibles: 12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:30h. Duración: 60 min.
  • Visitas guiadas para grupos de adultos. Previa reserva. De luns a venres. Horarios dispoñibles: 12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:30h. Duración: 60 min.
  • Visitas guiadas para particulares. Sen reserva previa. Realizaranse en fins de semana alternos. Datas: 22, 23 de novembro, 6, 7, 20, 21 de decembro, 3, 4, 17, 18, 31 de xaneiro e 1 de febreiro. Horario: 18:30h. Duración: 60 min.

OBRADOIROS DIDÁCTICOS PARA FAMILIAS.

Previa reserva de praza. A partir de 6 años, acompañados por un adulto. Realizaranse en fins de semana alternos. Datas: 22, 23 de novembro, 6, 7, 20, 21 de decembro, 3, 4, 17, 18, 31 de xaneiro e 1 de febreiro. Horario: 12:00h. Actividade: Entre pan e ladrillo (Ver Obradoiros para Adultos). Duración: 90 min.


OBRADOIROS DIDÁCTICOS PARA GRUPOS DE ESCOLARES.

Previa reserva. De luns a venres. Horarios dispoñibles: 12:00h e 18:00h. Duración: Consultar por idades.

INFANTIL: Como follas ao vento. 60Min.

Chillida descobre na súa propia man un modelo constante que lle servirá de guía para responder as súas preguntas en torno ao espazo. O ilimitado xogo que proporcionan as articulacións entre os diferentes dedos permítelle explorar os límites entre o exterior e o interior, a relación entre a materia e o espazo. Estes debuxos de mans anteceden á súa escultura e marcan experiencias formais que traslada á súa obra escultórica. Nesas mans que se pechan e ábrense nun intento de capturar o espazo o artista tamén reflicte os movementos que el mesmo realiza cando traballa con materiais como o ferro. En moitas das súas obras a forma é unha forza fixada na traxectoria do seu movemento.

A través dunha serie de xogos propostos durante a visita á exposición utilizaremos os nosos corpos como materia prima para representar as distintas ideas sobre as que reflexiona Chillida nas súas obras.

Coas mans manipularemos materiais visibles e invisibles. Cos brazos e pernas reproduciremos as formas dinámicas das súas esculturas. Traballaremos o noso corpo e a súa relación co espazo e cos outros corpos. Mediante a velocidade do movemento transformarémonos en diferentes estados da materia, como papel, pedra, ferro ou madeira, materiais das súas obras.

“Non é a materia tamén espazo, un espazo máis lento?” Eduardo Chillida

PRIMARIA: Pan cósmico. 90Min.

Chillida descobre a terra chamota en 1973, nos fornos da Fundación Maeght en St. Paul de Vence.

En 1977 empeza a traballar con este material “entre pan e ladrillo” que converterá en obras denominadas Lurrak. Estas pezas monolíticas transmiten o profundo arraigamento que a obra de Chillida ten na natureza e, especialmente, na súa terra. Tamén nos remontan a un pasado arcaico, primitivo, ancestral, común.

Na nosa proposta educativa traballaremos co territorio como materia prima da arte, vinculando a materia aos sentimentos e incrementando as implicacións afectivas coa nosa terra, entendida como riqueza natural e espiritual. Trataremos de promover unha conexión emocional co noso chan, os nosos cimentos naturais e os materiais que nos rodean (naturais e construídos).

Utilizaremos terra de distintas zonas de Galicia, pigmentos minerais do norte de África, lodo do Mar Morto, area volcánica das Illas Canarias, etc, que mesturaremos nunha masa cerámica de secado ao aire. Desta maneira constituiremos un material único, formado por materiais caseiros, terras e pigmentos. Cada peza será un experimento único e irrepetible.

Traballarán esta materia prima coas mans para intensificar o contacto. Delas sairá o “signo” creativo que individualizará cada peza. Disporán de ferramentas “especiais” para esculpir os seus monólitos.

A procura plástica dun mesmo, a arte como experimento, a vida como proxecto artístico, a escultura como médium para profundar no propio ser e a condición humana vinculada a un territorio son algunhas das reflexións que proporemos.

Non se trata de imitar a súa obra nin os seus materiais, senón de xogar cos mesmos procesos creativos do artista. Tampouco se trata de imitar as súas formas estéticas, senón de levar as súas reflexións a nosa propia personalidade e experiencias vitais. Trataremos de desenvolver así unha obra propia desde o coñecemento do noso lugar, o noso territorio, coas formas sociais e materiais que o conforman.

SECUNDARIA e BACHARELATO: Gravitantes. 90Min.

En 1952 Chillida realiza os seus primeiros collages, creando coa tesoira unha nova dinamización do espazo do papel. En 1988 afástase do concepto collage e desenvolve unha nova forma do concepto escultórico de relevo, as Gravitacións. Agora os distintos papeis recortados non se colan senón que permanecen independentes, colgados dun só fío e dúas costuras. Gravitando entre si se articulan en relevo.

Os numerosos exemplos que contén a exposición servirannos para coñecer a técnica orixinal de Chillida e para profundar nas súas reflexións sobre o espazo e a materia. A partir do seu traballo trataremos de crear nosa propia interpretación do aprehendido.

Traballaremos desenvolvendo o concepto de “esculpir con tesoiras”. Disporemos dun amplo repertorio de papeis de diferentes texturas e propiedades que recortarán con tesoiras.

Non se trata de imitar a súa obra nin os seus materiais, senón de xogar cos mesmos procesos creativos do artista. Tampouco se trata de imitar as súas formas estéticas, senón de levar as súas reflexións a nosa propia personalidade e experiencias vitais. Trataremos de desenvolver así unha obra propia desde o coñecemento do noso lugar, o noso territorio, coas formas sociais e materiais que o conforman.

Buscaremos a inspiración nas nosas formas naturais, a nosa orografía, o noso clima, a nosa luz. Remitirémonos ás manifestacións plásticas máis antigas da nosa cultura. Petroglifos, híbridos de debuxo, gravado e baixorelevo. Labirintos e espirais, formas orgánicas do movimento e dun espazo reflexivo. Dólmenes e menhires. Os castros, formas de organizar a vida en comunidade. Muros, valados, hórreos, chousas, regatos.


OBRADOIROS DIDÁCTICOS PARA GRUPOS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Previa reserva. De luns a venres. Horarios dispoñibles: 12:00h e 18:00h. Duración: 90 min.

Entre pan e ladrillo.


OBRADOIROS DIDÁCTICOS PARA GRUPOS DE ADULTOS.

Previa reserva. De luns a venres. Horarios dispoñibles: 12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:30h. Duración: 90 min.

Entre pan e ladrillo.

As interrogacións de Chillida ao redor da materia lévanlle a unha procura e experimentación constantes cos materiais que utiliza para as súas obras. A elección destes atende a distintas consideracións, que van desde as calidades propias do material aos vínculos afectivos que ten coa súa terra natal.

En cada un deles Chillida descobre unha nova calidade da materia. Do alabastro extrae a luz e a transparencia; da madeira os nós e rugosidades; do ferro a súa cor e textura en cambio; do aceiro e formigón a súa densidade e gravidade. Chillida recorrerá a un ou outro en función do que queira expresar.

Chillida descobre a terra chamota en 1973, nos fornos da Fundación Maeght en St. Paul de Vence.En 1977 empeza a traballar con este material “entre pan e ladrillo” que converterá en obras denominadas Lurrak. Estas pezas monolíticas transmiten o profundo arraigamento que a obra de Chillida ten na natureza e, especialmente, na súa terra. Tamén nos remontan a un pasado arcaico, primitivo, ancestral, común.

No obradoiro ensinarémosvos a realizar unha masa cerámica de secado ao aire con materiais caseiros. A esta “base” engadirémoslle diferentes pigmentos minerais que lle achegarán unha cor e unha textura únicos. Cada participante realizará a súa propia mestura, engadindo os materiais ao seu gusto. Obteremos un bloque de masa ao que interrogaremos sobre as súas calidades. Unha vez investigadas as posibilidades do material traballarémolo até crear unha peza escultórica que exprese nosas propias reflexións ao redor das cuestións que se expón Chillida nas súas obras.